Respostas de selección múltiple para música

Captura de pantalla do programa.

Esta é unha páxina de axuda xenérica para todos os exercicios escritos que empregan o módulo de exercicios idproperty. Polo xeral, os exercicios traerán un texto de axuda máis específico ca este.

A captura de pantalla anterior mostra un exemplo de como pode ser un exercicio.

O exercicio traerá unha pregunta e reproducirá algo de música, vostede terá que seleccionar unha resposta de cada columna na táboa dos botóns. Ao seleccionar na columna a resposta correcta, a etiqueta tornarase negra e na súa barra de estado aparecerá a mensaxe "Correcto" .

O exercicio mostrará Repetir arpexo se o programa pode arpexar unha ou máis das preguntas que trae.